Ir al contenido

UNHA LONGA VIAXE

Esta é a historia de dúas viaxes que transcorren paralelamente e se entrelazan nesta obra repleta de sensibilidade e delicadeza: unha gansa e a súa cría emprenden o traxecto migratorio cara ás terras cálidas do sur, mentres que unha familia que habita nun territorio en guerra emprende a fuxida cara ao norte. O relato de ambas aventuras coincide en plasmar o temor dos viaxeiros mozos fronte ao desafío, as inclemencias meteorolóxicas que frean o seu voo e os seus pasos, o encontro con outros grupos nas respectivas rutas de tránsito, a escaseza de alimentos, os depredadores e as mafias, o desánimo que agroma polo cansazo en contraposición á confianza e á esperanza que intentan infundir os adultos. E por fin, o maior reto: atravesar o mar, o punto onde as traxectorias se cruzan, con destino desigual.

16,00 € 16,00 € (impuesto incluido)

Términos y condiciones
Grantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/48 horas laborables.

Datos del artículo

EAN 9788484644101