Ir al contenido

Un gran día de pesca

Roque ten a insólita idea de ir de pesca. E é unha idea estrañísima porque nin sequera ten cana. Así que para cumprir o seu desexo botará man de amigos e coñecidos que se sumarán á expedición. Páxina a páxina e rima a rima, irán acumulando todos os trastes necesarios para organizar, máis que Un gran día de pesca, unha divertida festa. Jordi Gastó e Christian Inaraja regresan con outro libro de cartón para primeiros lectores. As rimas musicais de Jordi compleméntanse á perfección coas simpáticas ilustracións de Christian, quen, con trazos sinxelos e un colorido alegre, constrúe un ambiente ideal para acompañar a expresividade dun relato ocorrente e disparatado.

12,00 € 12,00 € (impuesto incluido)

Términos y condiciones
Grantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/48 horas laborables.

Datos del artículo

EAN 9788413431932