Ir al contenido

Honorata e a Casa das Palabras Gardadas

Este libro que agora tes nas mans naceu como unha homenaxe ao mundo dos gatos, animais que admiro infinitamente e dos que sempre procuro rodearme. Agora mesmo estou a alimentar unha gatiña xa moi anciá, con seis das súas sete vidas cumpridas, pero tamén cunha nova niñada de gatiños e gatiñas na barriga que pronto saltaricarán pola eira coa súa inxenuidade infantil. Veu do bosque e mírame con ese tenrura salvaxe e túzara de quen sabe que non pode confiar en ningún Ser Humano. Canda ela, achégase tamén de vez en cando outro gato vello, gordo, grandón e fero que se permite o luxo de comer o primeiro. Cando me mira, parece dicirme que é o amo do mundo e da noite. Tamén que nunca se someterá a nada nin a ninguén e que el só escoita a Vento, pois é un ser tan libre coma os gatos e gatas desta novela, que fala da natureza libertaria dos felinos, pero tamén da importancia dos libros, porque só existe o que é contado con palabras.

12,26 € 12,26 € (impuesto incluido)

Términos y condiciones
Grantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/48 horas laborables.

Datos del artículo

EAN 9789899260092