Ir al contenido

DE MAR A MAR

Publicado orixinalmente en Madrid en outubro de 1934, De mar a mar é un extraordinario libro de poemas de Feliciano Rolán Vicente (Vigo, 1907-A Guarda, 1935) que mereceu a gabanza de poetas contemporáneos tan notables como Juan Ramón Jiménez ou Federico García Lorca, e, no noso país, de Álvaro Cunqueiro ou Luís Seoane. No entanto, trala prematura morte do seu autor aos 27 anos, o poemario ficou varado no mar do esquecemento. O presente volume rescata esta magnífica obra e repara o nome do seu creador. Esta edición bilingüe de Alvarellos Editora, publicada na súa coidada (e premiada) Colección Rescate, incorpora unha versión en lingua galega dos textos realizada polo tradutor, poeta e profesor Anxo Angueira. O volume ábrese cun clarificador ensaio de Gregorio Ferreiro Fente, e enriquécese con diverso material (imaxes, manuscritos e debuxos) moi descoñecido, cun cadro bio-bibliográfico de Celso R. Fariñas e cos valiosísimos testemuños literarios de Ricardo Carballo Calero e Carlos MartínezBarbeito, dous intelectuais que trataron a Feliciano Rolán. Os poemas de De mar a mar son «como berros de afogado», en palabras de Lois Tobío. Son versos que nos han fascinar hoxe coa súa enorme sensibilidade e magnetismo.

21,50 € 21,50 € (impuesto incluido)

Términos y condiciones
Grantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/48 horas laborables.

Datos del artículo

EAN 9788418567377