Ir al contenido

Corpos. As outras vidas do cadáver

Un ensaio abraiante sobre a nosa relación coa morte e a experiencia humana co máis aló a través da historia. A nosa relación cos mortos é, por necesidade, unha constante desde que os seres humanos somos conscientes. Pero non todas as culturas, e non en todos os momentos, responderon igual a este problema. A historia da humanidade construiuse sobre momias, esqueletos, corpos petrificados e embalsamamentos, pero tamén sobre reliquias, sobre o consumo de partes do corpo con fins médicos, execucións ou historias de vampirismo. En Corpos. As outras vidas do cadáver atopámonos unha liña do tempo algo diferente á que estamos afeitos, unha que nos convida a percorrer a Historia sen fixarnos tanto nas formas de vida, senón na maneira na que tratamos aos cadáveres, conservámolos para a posteridade e mesmo en como escribimos sobre eles. Erica Couto-Ferreira ofrécenos un ensaio inquietante, pero tamén divertido e filosófico, sobre a nosa relación co máis aló e co que deixamos atrás. Un texto para descubrir todas as vidas que lle esperan a un corpo despois da morte.

19,00 € 19,00 € (impuesto incluido)

Términos y condiciones
Grantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/48 horas laborables.

Datos del artículo

EAN 9788419213457