Ir al contenido

Aprender a falar coas plantas

Esta historia comeza o día que Paula Cid, unha neonatóloga de corenta e dous anos, perde a parella nun accidente de tráfico, só unhas horas despois de que el lle comunicara que estaba namorado doutra muller e ía marchar da casa. Paula non só terá que superar o dó, senón tamén o rancor. Aprender a falar coas plantas foi a primeira novela de Marta Orriols, coa que decontado se confirmou como unha das voces máis firmes e interesantes da literatura catalá actual. Un libro no que o instinto da vida, ao igual ca na planta de Neonatoloxía dun hospital, busca o xeito de impoñerse. Premio Òmnium á mellor novela do ano 2018.

19,95 € 19,95 € (impuesto incluido)

Términos y condiciones
Grantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/48 horas laborables.

Datos del artículo

EAN 9788412451283