Ir al contenido

Os sangues

Féléor Barthélémy Rü posúe unha inmensa fortuna e un desexo desmedido pola carne crúa e a brutalidade. Recréase nestes praceres xunto coas súas esposas e vítimas, que lonxe de fuxir do ogro, acoden a el por propia vontade, dispostas a deixarse levar polas máis escuras fantasías. Estas sete mulleres explican nos seus diarios quen son e por que se entregan a el. Nesta obra, Audrée Wilhelmy reimaxina o personaxe clásico do ogro Barba Azul, e faino a través da mirada das súas mulleres: Mercredi, Constance, Abigaëlle, Frida, Phélie, Lottä e Marie, que escriben sete pequenos cadernos íntimos nos que relatan as súas experiencias con Féléor. Este decide reunilos e anotalos en memoria das súas esposas.

18,50 € 18,50 € (impuesto incluido)

Términos y condiciones
Grantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/48 horas laborables.