Ir al contenido

Globalización e imperialismo cultural

Nun mundo no que os medios de comunicación e o trafego cultural más celérico facilitan a posibilidade dunha "cultura global", dunha cultura tecnificada, mercantil e homoxénea, e dunha "industria cultural global" que se podería concibir -tal como escribe Manuel Outeiriño no limiar- como unha "nova tradición" mercantilizada, a do "folclore do capitalismo", é fundamental levar a cabo unha reflexión crítica sobre este fenómeno. Neste volume realízase esa crítica, que é a crítica do tópico do que se difunde co nome de globalización cultural, nome baixo o que, realmente, o que se difunde e imita é a cultura mercantil corporativa estadounidense e a produción e xestión cultural ao xeito corporativo das multinacionais. Os autores MARTIN ALBROW é profesor visitante distinguido na London School of Economics, profesor emérito da University of Wales e autor de The Global Age (1996). ARJUN APPADURAI (Bombay, 1949) é profesor de Ciencias Sociais da New School de Nova York, da que é director dende o 2003, escribiu, entre outros, Modernity at large: cultural dimensions of globalization (2006). ALEXANDER CALLINICOS (Zimbabwe, 1950) é director do Centro de Estudos Europeos do King´s College de Londres e autor de Contra o Postmodernismo (Laiovento, 1994). FRED HALLIDAY (1946-2010) foi catedrático na London School of Economics e profesor no Instituto Barcelona de Estudos Internacionais e experto no mundo árabe e Oriente Medio. ULF HANNERZ é profesor de antropoloxía social na Universidade de Estocolmo e autor de Foreign News (2004). DAVID HELD (Inglaterra, 1951) é catedrático de Ciencias Políticas na London School of Economics, autor de Global Inequality: Patterns and Explanations (2007). PETER MARCUSE é profesor emérito de Planificación Urbana na Facultade de Arquitectura da Columbia University de Nova York e autor da recompilación Globalizing Cities: A New Spatial Order? (Oxford, Balckwell, 1999) e Of States and Cities: The Partitioning of Urban Space (Oxford, Oxford U. P., 2002), feit

25,00 € 25,00 € (impuesto incluido)

Términos y condiciones
Grantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/48 horas laborables.