Ir al contenido

Conto ao carón do río

Conto ao carón do río é o sorprendente debut na narrativa de Oihane Amantegi, unha nouvelle con feitura de conto traducida ao galego desde o éuscaro por Isaac Xubín. Situada nun lugar remoto de Xeorxia, ao sur dos Estados Unidos, a autora constrúe neste libro un relato atemporal sobre a construción do recordo, o loito e as ausencias, atravesado pola ollada infantil dunha voz narrativa evocadora e persoal. A familia e a casa, o mel e a colmea, o soño e a simetría ou as mitoloxías da morte son os vimbios que dan forma a un universo simbólico fértil e inquedante como a beira do río Ochlockonee, que asexa detrás de cada páxina e mergulla a quen le nunha atmosfera magnética.

17,00 € 17,00 € (impuesto incluido)

Términos y condiciones
Grantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/48 horas laborables.