Ir al contenido

A MIÑA FAMILIA E OUTROS ANIMAIS

Este é o relato dos cinco anos que a miña familia e mais eu pasamos na illa grega de Corfú. Nun principio estaba previsto que fose unha descrición lixeiramente nostálxica da historia natural da illa, pero cometín o grave erro de presentar a miña familia nas primeiras páxinas do libro. Unha vez plasmados sobre o papel, procederon a poñerse cómodos e mesmo invitaron uns amigos a compartir os capítulos. Con enorme dificultade e amosando unha astucia considerable, apañeime para reservar aquí e alí algunha páxina que poder dedicarlles exclusivamente ós animais. (...) Todas as anécdotas sobre a illa e os seus habitantes son absolutamente verídicas. Vivir en Corfú era coma vivir nunha das óperas cómicas máis extravagantes e disparatadas.

18,00 € 18,00 € (impuesto incluido)

Términos y condiciones
Grantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/48 horas laborables.