Ir al contenido

A casa de había unha vez

¿Quen no coñece aínda o conto do soldadiño de chumbo ou da Carapuchiña vernella? En A casa de había unha vez, Ana María Fernández e o ilustrador Enjamio convídannos a realizar unha viaxe ó eterno mundo dos contos a través duns poemas nos que se entrecruzan dragóns e leóns, trasniños, raíñas e princesas, fadas encantadas e ras enmeigadas: O soldadiño de chumbo dóelle o pé de correr de guerra en guerra ó coxilipé. A princesiña do tupé está co seu zapato de tacón tomando un canapé coas damas no salón. No bosque encantando dos tres regatiños bailaban a polca os sete ananiños. A rata do lindo bigote, meteu os fociños no fondo do pote. O xastre, que era valente, enfadouse de repente e matou dunha patada sete moscas descaradas.Vinteoito poemas que piden ser recitados en voz alta para descubri-la música dos contos de sempre, que ningún neno nin ningunha nena quererán deixar de escoitar.

10,50 € 10,50 € (impuesto incluido)

Términos y condiciones
Grantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/48 horas laborables.